A Paixón de Xesús revela a radicalidade do seu amor incondicional que se entrega libre, consciente e gratuitamente pola salvación e a reconciliación do home. El foi capaz de soportar os nosos sufrimentos e aguantar as nosas dores, porque sentía compaixón das nosas debilidades. O Amor foi o que moveu ao Nazareno durante os anos da súa vida, que culminan no xesto máis potente e escandaloso, profético e provocador… o Amor que tivo para confiar sen límites, mirar máis aló desta vida e buscar a eternidade para regalar a outros.
Este é o blog do departamento de Pastoral do CPR La Milagrosa de Oleiros, onde iremos subindo todas as novidades do noso cole relacionadas con esta labor vicenciana.
viernes, 18 de abril de 2025
jueves, 17 de abril de 2025
XOVES SANTO
Coa celebración da Cea do Señor adentrámonos no Misterio do Triduo Pascual, fonte e culmen de todo o noso ano litúrxico. O Xoves Santo concentra de tal modo o Amor humano e divino de Xesús entregado en servizo ata o extremo, do cal foi testemuña a historia humana. Un amor que nutre e fortalece todas as nosas experiencias humanas de amor e é capaz de expandilas a modos “sobrehumáns”. Este Xoves Santo recibamos este amor “ata o extremo” e deixemos que el nos renove e transforme: lávanos, «Señor, non só os pés, senón tamén as mans e a cabeza».
domingo, 13 de abril de 2025
DOMINGO DE RAMOS
Hoxe é Domingo de Ramos termínase a Coresma. Neste día comeza a Semana Santa na que lembramos os últimos momentos da vida de Xesús. Coa súa entrada en Xerusalén damos comezo á Semana máis importante na vida de Xesús. Con ramos e palmas nas nosas mans evocaremos o momento no que entra sobre un borrico «na cidade da paz», dicindo: Bendito o que vén en nome do Señor!, e acollémolo coa intención de compartir con El toda a Semana Santa. Admiramos a maneira humilde e pacífica de como Xesús exerce a súa realeza, entrando na cidade montado sobre un asno. O seu reino non é deste mundo. A súa grandeza non se manifesta no dominio e o poder, senón no servizo e a entrega da súa vida.
viernes, 28 de marzo de 2025
BOCADILLO SOLIDARIO
Dende toda a Comunidade Educativa só podemos darvos as grazas polas vosas achegas e a participación neste día tan solidario. Onde unha vez máis podemos sentirnos orgullosos de Ser Vicencianos e vivir este compromiso solidario.
miércoles, 26 de marzo de 2025
ENCARNACIÓN
Hoxe celebramos o Día do Si das Irmás, un momento cheo de significado no que as Fillas da Caridade renovan os seus votos. Este acto anual fortalece o seu compromiso coa vocación e asegura a constancia do seu servizo a Cristo.
viernes, 14 de marzo de 2025
BOCADILLO SOLIDARIO
O día 13 de marzo celebramos o Bocadillo Solidario, un pequeno xesto cun gran significado: compartir a maior riqueza , a riqueza da solidariedade. Seguindo o lema de Mans Unidas, unímonos á campaña contra a fame, porque xuntos podemos facer a diferencia. Foi unha xornada de conviencia e colaboración onde, os alumnos xunto co profesorado, realizaron unha camiñata ata o Dolmen de Axeitos.
Grazas a todos por participar e achegar o voso gran de area!
domingo, 9 de marzo de 2025
INICIO DA CORESMA
A imposición da Cinza é un momento sagrado que marca o inicio dun período de reflexión e preparación que é a Coresma. Non é só un ritual relixioso, senón un chamado á acción, un chamado a vivir as nosas vidas de acordo cos principios do Evanxeo. Ínstanos a mirar cara a dentro, a examinar as nosas accións e motivacións, e a buscar a reconciliación con Deus e cos nosos semellantes. Neste tempo de Coresma, renovamos o noso compromiso de vivir en harmonía e lembramos a importancia da humildade e a sinxeleza, valores que están no corazón do Carisma vicenciano. Os primeiros cursos realizaron unha breve celeración falando do tempo de Coresma e os cursos superiores, asistiron á eucaristía do Mércores de Cinza.

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

