domingo, 9 de marzo de 2025

INICIO DA CORESMA

 A imposición da Cinza é un momento sagrado que marca o inicio dun período de reflexión e preparación que é a Coresma. Non é só un ritual relixioso, senón un chamado á acción, un chamado a vivir as nosas vidas de acordo cos principios do Evanxeo. Ínstanos a mirar cara a dentro, a examinar as nosas accións e motivacións, e a buscar a reconciliación con Deus e cos nosos semellantes. Neste tempo de Coresma, renovamos o noso compromiso de vivir en harmonía e lembramos a importancia da humildade e a sinxeleza, valores que están no corazón  do Carisma vicenciano. Os primeiros cursos realizaron unha breve celeración falando do tempo de Coresma e os cursos superiores, asistiron á eucaristía do Mércores de Cinza.




No hay comentarios:

Publicar un comentario