lunes, 11 de diciembre de 2023

TEMPO DE ADVENTO

Na sociedade na que nos tocou vivir  fáltalle unha dimensión esencial para que sexamos plenos: a Interioridade. Esto é debido á rapidez coa que vivimos, sen deternos en nada nin con ninguén, a felicidade non ten tempo a chegar ata o noso corazón; xa que “vivimos” todo e quedámonos case sempre na superficie sen escoitar a vida con profundidade.

Os momentos de silencio pódennos curar, pero apenas somos capaces de atopalo en medio de tódalas ocupacións que temos que atender. Cada día temos menos espacio para a interioridade na nosa vida diaria, porque aprendemos a vivir “como cousas  no medio de cousas”(Jean Onimus). Acotío apostamos polo exterior e Deus resulta de pouco interese para a vida diaria. Por iso, neste tempo de Advento queremos que Xesús sexa quen oriente a nosa vida. Polo que cada domingo, o evanxeo será un punto cardinal para deixarnos guiar e nos enseñe a acoller  a Xesús. Que o seu nacemento encha de sentido a nosa vida!!



SEMANA VIRXE MILAGROSA


Na última semana do mes de Novembro, o colexio vestiuse de festa para conmemorar unha das celebracións da Familia Vicenciana: a festividade da Virxe Milagrosa.

Os alumnos dende 4º de Infantil ata 4º da ESO, no transcurso da semana, participaron das diferentes celebración e eucaristías acompañados dos seus mestres e titores. Nelas pedímoslle perdón polos erros que facemos a cotío e démoslle as gracias por todo canto nos rodea e por levar a cabo a misión de entregarnos a Medalla. Estamos seguros que a mensaxe da Medalla seguirá sendo transmitida de xeración en xeración.
O día 1  de decembro púxose o punto e final as celebracións da Milagrosa cunha xornada festiva onde os inchables e xogos foron os protagonistas desta xornada, pequenos e non tan pequenos  pasaron un momento cheo de risas e diversión.
Queremos dalas gracias a todo o alumnado polo seu bo comportamento e as  súas mostras de respecto nos diferentes actos conmemorativos da Medalla Milagrosa.

domingo, 3 de diciembre de 2023

O GRAN REGALO DO AMOR: O PERDÓN


Prepararnos nos tempos litúrxicos fortes de Advento e Pascua invítanos sempre a celebrar o gran regalo do Amor: o Perdón. Moitas veces axúdanos a reconciliar tensións que existen entre nós producidas polos roces da convivencia cotiá. Todos nós temos tanta necesidade do perdón como do pan diario. E temos unha gracia, que Deus dánolo sempre gratuitamente. Perdoar é un signo cheo de amor. Non podemos estar en paz cos demais se non comezamos por reconciliarnos con nós mesmos. Como cristiáns podemos facelo aceptando que Cristo nos perdoa primeiro. Perdoar non é tan doado  como parece: é tamén un compromiso e unha responsabilidade. Por iso a semana pasada visitounos o sacerdote Paúl Nacho, que nos axudou a través da lectura dos Talentos ( Lc19, 11-28 ) e da súa reflexión a ler o noso interior e a confrontalo con Xesús, para que cada un desenrole da mellor maneira os talentos que nos deron para poñelos ao servicio dos demáis.

 

lunes, 27 de noviembre de 2023

FESTIVIDADE VIRXE MILAGROSA

 


Ao longo de tres días celebramos as Festas da Familia Vicenciana: Virxe Milagrosa, o 27 de novembro,Catarina Labouré e a Fundación das Fillas da Caridade. 

martes, 21 de noviembre de 2023

DOMUND 2023

A aportación de diñeiro en favor dos territorios de misión é un signo do noso compromiso cos máis necesitados deste mundo. Con él axudamos aos misioneiros a ser testemuñas, especialmente nestes momentos nos que tantas miserias vense acentuadas. Por iso, rematada  a campaña do DOMUND queremos dárvolas GRACIAS pola vosa implicación e participación.



lunes, 6 de noviembre de 2023

TÓMBOLA MISIONEIRA

Na última semana do pasado mes tivo lugar a tómbola Misioneira, dita actividade está enmarcada no Outubro Misioneiro e ten como fin recadar fondos que sosteñan económicamente os proxectos de axuda nas casas que temos na Comunidade de Mokom. 

Nela atenden as diferentes necesidades: atención sanitaria e seguimento e acompañamento a estudantes co apoio das Becas, que familias do colexio e as Fillas da Caridade sosteñen dende as diferentes Comunidades.

Dende a Comunidade Educativa da Milagrosa queremos darvos as gracias pola acollida,  a participación e implicación dos alumnos e das familias na Tómbola, xa que se recadaron 933€.

A vosa  solidariedade é o exemplo vivo do carisma vicenciano,  esta aposta decidida é a que queremos no mundo para sentirnos, como di o papa Francisco, cristiáns en saída, misericordiosos, abertos ao diálogo cultural e comprometidos coa casa común.



jueves, 2 de noviembre de 2023

HOLYWINS

A palabra Halloween significa «All hallow’s eve», palabra que ven do inglés antigo, e que significa «a véspera de tódolos santos», refírese á noite do 31 de outubro, que é a  véspera da Festa de Tódolos Santos. Sen embargo, a antiga costume anglosaxona quitoulle o seu sentido relixioso para celebrar no seu lugar a noite do terror, das bruxas e das pantasmas.

Nos últimos anos, o Papa Francisco, en diferentes documentos (exhortación apostólica «Gaudete et exultate») e situacións, lembrou que todos estamos chamados a santidade, por iso en diversas partes do mundo propuxéronse recuperalo 31 de outubro como a Véspera de Tódolos Santos. Así naceu a celebración de “Holywins”, para festexar cos nenos e xóvenes a chamada universal a  santidade. Esta iniciativa naceu na diócese de París no ano 2002.

Este ano, no colexio, quixemos recuperar un proxecto que dende o ano 2021 non fomos quen de recuperalo ata este curso. Estas dúas últimas semanas os alumnos do 2º e 3º ciclo da Primaria elaboraron diversos murais, despois de investigar sobre algúns datos dos santos que se chaman coma eles. Esperamos nos vindeiros cursos ampliar as actividades deste proxecto e involucrar a máis alumnos.