Chegou o final deste curso e non queríamos irnos sen dar as Grazas a todos os alumnos e as súas familias por axudar de maneira desinteresada ao longo do curso escolar cos diferentes proxectos levados a cabo dende o departamento de Pastoral. Non queremos marchar sen expresar o noso agradecemento e admiración a Sor Loli polos seus anos de dedicación e compromiso neste centro. O seu labor deixou unha pegada indeleble en cada un de nós, e o seu compromiso coa educación e os proxectos de COVIDE-AMVE foron luz para a nosa comunidade. Aínda que nos entristece a súa partida, desexámoslle o mellor nesta nova etapa, confiando en que a súa luz seguirá iluminando o camiño de quen teña a sorte de cruzarse nel. Grazas por todo o que nos deches e por facernos sentir afortunad@s de traballar ao teu lado.
Este é o blog do departamento de Pastoral do CPR La Milagrosa de Oleiros, onde iremos subindo todas as novidades do noso cole relacionadas con esta labor vicenciana.
lunes, 7 de julio de 2025
jueves, 5 de junio de 2025
ORATORIO
Terminou maio e con el, as sesións do oratorio en 6º de Infantil e o primeiro ciclo da Primaria. Este curso, Sor Loli ensinounos a valorar o silencio e o recollemento así como a nosa capacidade de escoita e atención. Ao longo do ano, e a través dos diferentes momentos litúrxicos, desenvolvemos un maior coñecemento da Biblia (coa lectura da Palabra de Deus) e empezamos a cultivar actitudes de agradecemento e oración, esenciais para o noso crecemento persoal e espiritual, os cales nos acompañarán ao longo da nosa vida.
lunes, 2 de junio de 2025
OFRENDA FLORAL
Remata o mes de maio, mes da nosa nai a Virxe María e os nenos e nenas de Educación Infantil viviron un momento moi especial: a nosa tradicional ofrenda floral á Virxe na horta do colexio.
lunes, 12 de mayo de 2025
STA LUISA DE MARILLAC
domingo, 20 de abril de 2025
DOMINGO DE RESURRECCIÓN
O Domingo de Pascua celebramos a Resurrección de Xesucristo de entre os mortos. O triunfo do Señor resucitado sobre o pecado e a morte é o acontecemento que fundamenta a nosa fe cristiá. Pascua é dicir si ao amor e á vida, é apostar pola fraternidade. Vivir a Pascua é lanzarse a algo novo, é lanzarse a ser testemuñas da Resurrección na casa, no traballo, cos amigos: Xesús, o Deus do Amor, está vivo e presente. Cristo, Xesús, resucitou! ALELUIA!
viernes, 18 de abril de 2025
VENRES SANTO
A Paixón de Xesús revela a radicalidade do seu amor incondicional que se entrega libre, consciente e gratuitamente pola salvación e a reconciliación do home. El foi capaz de soportar os nosos sufrimentos e aguantar as nosas dores, porque sentía compaixón das nosas debilidades. O Amor foi o que moveu ao Nazareno durante os anos da súa vida, que culminan no xesto máis potente e escandaloso, profético e provocador… o Amor que tivo para confiar sen límites, mirar máis aló desta vida e buscar a eternidade para regalar a outros.
jueves, 17 de abril de 2025
XOVES SANTO
Coa celebración da Cea do Señor adentrámonos no Misterio do Triduo Pascual, fonte e culmen de todo o noso ano litúrxico. O Xoves Santo concentra de tal modo o Amor humano e divino de Xesús entregado en servizo ata o extremo, do cal foi testemuña a historia humana. Un amor que nutre e fortalece todas as nosas experiencias humanas de amor e é capaz de expandilas a modos “sobrehumáns”. Este Xoves Santo recibamos este amor “ata o extremo” e deixemos que el nos renove e transforme: lávanos, «Señor, non só os pés, senón tamén as mans e a cabeza».
domingo, 13 de abril de 2025
DOMINGO DE RAMOS
Hoxe é Domingo de Ramos termínase a Coresma. Neste día comeza a Semana Santa na que lembramos os últimos momentos da vida de Xesús. Coa súa entrada en Xerusalén damos comezo á Semana máis importante na vida de Xesús. Con ramos e palmas nas nosas mans evocaremos o momento no que entra sobre un borrico «na cidade da paz», dicindo: Bendito o que vén en nome do Señor!, e acollémolo coa intención de compartir con El toda a Semana Santa. Admiramos a maneira humilde e pacífica de como Xesús exerce a súa realeza, entrando na cidade montado sobre un asno. O seu reino non é deste mundo. A súa grandeza non se manifesta no dominio e o poder, senón no servizo e a entrega da súa vida.
viernes, 28 de marzo de 2025
BOCADILLO SOLIDARIO
Dende toda a Comunidade Educativa só podemos darvos as grazas polas vosas achegas e a participación neste día tan solidario. Onde unha vez máis podemos sentirnos orgullosos de Ser Vicencianos e vivir este compromiso solidario.
miércoles, 26 de marzo de 2025
ENCARNACIÓN
Hoxe celebramos o Día do Si das Irmás, un momento cheo de significado no que as Fillas da Caridade renovan os seus votos. Este acto anual fortalece o seu compromiso coa vocación e asegura a constancia do seu servizo a Cristo.
viernes, 14 de marzo de 2025
BOCADILLO SOLIDARIO
O día 13 de marzo celebramos o Bocadillo Solidario, un pequeno xesto cun gran significado: compartir a maior riqueza , a riqueza da solidariedade. Seguindo o lema de Mans Unidas, unímonos á campaña contra a fame, porque xuntos podemos facer a diferencia. Foi unha xornada de conviencia e colaboración onde, os alumnos xunto co profesorado, realizaron unha camiñata ata o Dolmen de Axeitos.
Grazas a todos por participar e achegar o voso gran de area!
domingo, 9 de marzo de 2025
INICIO DA CORESMA
A imposición da Cinza é un momento sagrado que marca o inicio dun período de reflexión e preparación que é a Coresma. Non é só un ritual relixioso, senón un chamado á acción, un chamado a vivir as nosas vidas de acordo cos principios do Evanxeo. Ínstanos a mirar cara a dentro, a examinar as nosas accións e motivacións, e a buscar a reconciliación con Deus e cos nosos semellantes. Neste tempo de Coresma, renovamos o noso compromiso de vivir en harmonía e lembramos a importancia da humildade e a sinxeleza, valores que están no corazón do Carisma vicenciano. Os primeiros cursos realizaron unha breve celeración falando do tempo de Coresma e os cursos superiores, asistiron á eucaristía do Mércores de Cinza.
viernes, 7 de febrero de 2025
DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ
A pasada semana, toda a Comunidade Educativa, celebramos a xornada da non Violencia e a Paz co lema: SOA, SOA, SOÑA A PAZ, onde coa axuda da música e os diferentes elementos muscais quixemos formar harmonías de esperanza, solidariedade e amizade respectando os Dereitos da Infancia. Estes son pezas crave para que as nosas sociedades sigan tendo como obxectivo fundamental a tolerancia, o respecto e a convivencia.
viernes, 24 de enero de 2025
PROXECTOS COVIDE-AMVE
Durante esta semana, os alumnos voluntarios da ESO presentaron unha serie de proxectos solidarios da ONG das Fillas da Caridade (COVIDE-AMVE) aos estudantes de primaria. O obxectivo destas iniciativas é fomentar a solidariedade e o compromiso social entre todos os alumnos, animándoos a achegar o seu gran de area para axudar a quen máis o necesitan. Durante a presentación, os maiores compartiron diferentes proxectos que buscan mellorar a vida de persoas en situacións vulnerables. Os alumnos de primaria mostraron moito interese e entusiasmo, estas propostas queren fomentar nos máis pequenos a semente da empatía e a acción solidaria.
domingo, 19 de enero de 2025
XORNADA DA INFANCIA MISIONEIRA
"Comparto o que teño" é o lema da Xornada de Infancia Misioneira que celebramos o domingo 19 de xaneiro de 2025. Un día moi importante, no que os nenos (e non tan nenos) estamos convidados a axudar aos demais nenos, especialmente aos que non teñen o necesario para vivir ou non coñecen a Deus. Somos misioneiros, e nós imos axudarlles coa nosa oración e o noso diñeiro.
martes, 7 de enero de 2025
EPIFANÍA DO SEÑOR
Celebramos a festa da Epifanía do Señor, é dicir, da manifestación de Deus a todos, non só ao pobo de Israel. Os Reis Magos veñen de Oriente, dun pobo e dunha cultura moi distinta da do pobo de Deus; e descobren no pequeno de Belén ao Mesías, ao Salvador. Os Reis traen ao Neno uns agasallos (que simbolizan a realidade de Xesús: ouro coma rei, incenso coma Deus, mirra coma home que vai a morrer); pero son eles os beneficiados: atópanse co gran agasallo de Deus que lles ofrece tamén a eles e a todos os que o desexen a salvación que crían posuír só os xudeus. Que saibamos acoller o gran agasallo que Deus nos ofrece en Xesús, camiño de vida e de salvación. E comprometámonos a compartir este gran agasallo de Deus a toda a humanidade, comezando polos máis próximos ofrecéndolles na vida ordinaria xestos sinxelos que reactive neles a esperanza.