lunes, 15 de enero de 2024

INFANCIA MISIONEIRA

Esta data é un día moi importante, na que os nenos e maiores estamos invitados a axudar aos demáis nenos, especialmente aos que non teñen o preciso para vivir e non coñecen a Deus. Somos misioneiros, e nós imos axudálos coa nosa oración e a nosa aportación.



sábado, 13 de enero de 2024

ESTREAMOS ORATORIO!!!

Puxemos a andar os talleres de interioridade cos máis pequenos.
Un momento de calma, de encontrarnos a nòs mesmos, de poder reflexionar e  transmitir boas sensaciòns que axudarán  a unha mellor convivencia e benestar persoal.
Estreamos o oratorio como un lugar de encontro con Xesús.





sábado, 6 de enero de 2024

EPIFANÍA DO SEÑOR

Hoxe celebrmos o momento feliz no que os Magos, despois dunha longa viaxe, atopan a Xesús e  ofrécenlle ouro que merece como Rei, o incenso que recoñece a súa divindade e a mirra que honra a súa humanidade. É a confesión da fe ante o misterio de Deus que se manifesta feito home, feito neno.



lunes, 25 de diciembre de 2023

NADAL 2023

No día de Nadal Deus nace dende a humildade. Nace un neno que se nos presenta como signo de luz e paz no medio da escuridade da violencia e da guerra. Este neno naceu pobre en Belén e traerá a paz. Xesús é a  nosa paz e a fonte da nosa ledicia. Él é a nosa esperanza e luz, que sexamos reflexo da súa LUZ ao longo do ano.


domingo, 24 de diciembre de 2023

UN NADAL SOLIDARIO

Dende a Comunidade Educativa queremos amosar o noso agradecemento a tódalas familias que colaboraron na recollida de alimentos no Nadal Solidario.

Gracias de corazón pola vosa solidariedade, a vosa sensibilidade  e a vosa participación.



lunes, 11 de diciembre de 2023

TEMPO DE ADVENTO

Na sociedade na que nos tocou vivir  fáltalle unha dimensión esencial para que sexamos plenos: a Interioridade. Esto é debido á rapidez coa que vivimos, sen deternos en nada nin con ninguén, a felicidade non ten tempo a chegar ata o noso corazón; xa que “vivimos” todo e quedámonos case sempre na superficie sen escoitar a vida con profundidade.

Os momentos de silencio pódennos curar, pero apenas somos capaces de atopalo en medio de tódalas ocupacións que temos que atender. Cada día temos menos espacio para a interioridade na nosa vida diaria, porque aprendemos a vivir “como cousas  no medio de cousas”(Jean Onimus). Acotío apostamos polo exterior e Deus resulta de pouco interese para a vida diaria. Por iso, neste tempo de Advento queremos que Xesús sexa quen oriente a nosa vida. Polo que cada domingo, o evanxeo será un punto cardinal para deixarnos guiar e nos enseñe a acoller  a Xesús. Que o seu nacemento encha de sentido a nosa vida!!



SEMANA VIRXE MILAGROSA


Na última semana do mes de Novembro, o colexio vestiuse de festa para conmemorar unha das celebracións da Familia Vicenciana: a festividade da Virxe Milagrosa.

Os alumnos dende 4º de Infantil ata 4º da ESO, no transcurso da semana, participaron das diferentes celebración e eucaristías acompañados dos seus mestres e titores. Nelas pedímoslle perdón polos erros que facemos a cotío e démoslle as gracias por todo canto nos rodea e por levar a cabo a misión de entregarnos a Medalla. Estamos seguros que a mensaxe da Medalla seguirá sendo transmitida de xeración en xeración.
O día 1  de decembro púxose o punto e final as celebracións da Milagrosa cunha xornada festiva onde os inchables e xogos foron os protagonistas desta xornada, pequenos e non tan pequenos  pasaron un momento cheo de risas e diversión.
Queremos dalas gracias a todo o alumnado polo seu bo comportamento e as  súas mostras de respecto nos diferentes actos conmemorativos da Medalla Milagrosa.