domingo, 30 de enero de 2022

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ














Cada 30 de xaneiro, os centros educativos celebramos o día da Non Violencia e da PAZ. Neste curso tan atípico pola pandemia, esta data ten, tamén, especial importancia debido a preocupación  polos acontecementos mundiais que amosan a intolerancia dalgúns seres humanos que nos fan lembrar a importancia do coñecemento mutuo, do diálogo  e do respecto aos demais. Non deixamos de ter presente que: ”Queremos un mundo en PAZ”. Deste xeito celebramos esta día, tendo presente a Historia de Sadako, que nos transmite valores importantes como o esforzo, a constancia, a esperanza e a creatividade entre outros. Todos eles móvennos  a perseguila convivencia pacífica, pero non só dentro de nosas aulas, senón tamén intentándoa levar, fóra delas.

domingo, 16 de enero de 2022

INFAMCIA MISIONEIRA


O domingo 16 de xaneiro os nenos e nenas celebran a Xornada da Infancia Misioneira, “o Domund dos Nenos”, para axudar aos misioneiros no seu traballo coa infancia. A Infancia Misioneira é unha das ferramentas que a Igrexa ten para que nos lugares de misión conten con medios para atendelos nenos e nenas nas misións. Por iso, a Xornada da Infancia Misioneira conta con tres xeitos de ensinar aos nenos o espírito misioneiro: por medio da oración, axudando aos que temos preto noso e compartindo coas persoas que o precisan. Desta maneira intentaremos ser LUZ PARA O MUNDO, como nos lembra o lema deste ano.  


miércoles, 5 de enero de 2022

EPIFANÍA


(…)E cando entraron na casa atoparon o neno con María, súa nai. Prostráronse e rendéronlle homenaxe; logo, abrindo os seus tesouros, ofrecéronlle coma regalo ouro, incenso e mirra.(…) 

Nós, igual que os sabios de Oriente, queremos encontrarnos con Xesús neno, débil e pequeno. Porque Él é o símbolo do Amor de Deus que quere chegar a toda a humanidade, que quere compartir connosco a nosa vida e a nosa realidade cotiá. Neste día queremos  amosarlle a nosa gratitude e ofrecer, do mesmo xeito que os sabios, os nosos dons e o noso recoñecemento a través da oración e a través dos pequenos xestos cotiás, onde ofrecemos oportunidades para vivir con esperanza, con amor e con ledicia. 


 

sábado, 25 de diciembre de 2021

NADAL 2021

 Volve a ser un Nadal, no que debemos ter moita precaución para protexernos e protexer aos nosos. 

Tampouco  lle foi doado a María e Xosé que, despois dunha longa viaxe, tiveron que  refuxiarse nunha pequena corte para dar a luz ao seu fillo. Xesús ven a estar connosco, este é o verdadeiro sentido do Nadal, debemos acollelo para sentir a verdadeira ledicia que non consiste no material: senón que é compartir e axudar. Oxalá que nós, que temos moito, saibamos crear eses ambientes seguros para vivir en familia o Nadal. 

Que a Sagrada Familia, símbolo de unidade e protección, nos acompañe neste Nadal. 



viernes, 24 de diciembre de 2021

OPERACIÓN KILO

A Comunidade Educativa quérevos agradecer a vosa xenerosidade, a vosa solidariedade e o voso compromiso, a pesares das circunstancias aínda adversas que estamos a padecer. Queremos dárvolas gracias por compartir cos máis necesitados, e cos que, nestos momentos, a Covid 19 deixounos en desamparo. 

Gracias por axudarnos a axudar, con pequenos xestos pero efectivos, construímos un mundo máis humano e solidario que é o auténtico sentido do Nadal. 






domingo, 19 de diciembre de 2021

IV DOMINGO DE ADVENTO

Chegamos con gozo  ao cuarto domingo de Advento, preto ao Nadal. Na liturxia deste domingo invítanos a poñernos en camiño e a proclamar a Boa Nova con xestos concretos, como fixo María que cando tivo coñecemento do embarazo de Isabel púxose en camiño. Móvea o amor, o desexo de servir, e tamén o desexo de compartir a súa desbordante ledicia. O apuro de María está cheo do Señor e ten presente o esencial. 

Nós temos que mirar ao noso redor, xa que vivimos nun mundo “estresado”, vivimos apurados, con miles de cousas que facer, pero a diferenza de María, estas distánciannos do esencial e lévannos a unha vida superficial. Toda esa présa pode quitarnos o tempo preciso para reflexionar, meditar ou rezar, para perder de vista o esencial. Non debemos esquecer que o NADAL É XESÚS, non os agasallos, nin as ceas, nin as luces... O Nadal é acoller con tenrura ao Señor que nace, e levalo dentro dos nosos corazóns. 

domingo, 12 de diciembre de 2021

III DOMINGO DE ADVENTO

 Ímonos achegando á recta final do camiño de Advento. Esta é unha semana de ledicia contida un xa pero aínda non, a chamada semana de <GAUDETE>;xa  que o que está por vir chama as nosas vidas por medio da voz dos profetas. Os cales nos chaman a vendar os corazóns que sofren, a poñer un pouco de misericordia, a compartir e estar á beira dos que o pasan mal, como Xesús. Esta é a semana de CONECTAR o noso interior co exterior para dar un SÍ de fe e de entrega ante a nova chegada.