É unha enorme ledicia constatar que, na nosa comunidade educativa, o sentido da fraternidade solidaria e a caridade evanxélica fanse presentes unha e outra vez.
Este é o blog do departamento de Pastoral do CPR La Milagrosa de Oleiros, onde iremos subindo todas as novidades do noso cole relacionadas con esta labor vicenciana.
É unha enorme ledicia constatar que, na nosa comunidade educativa, o sentido da fraternidade solidaria e a caridade evanxélica fanse presentes unha e outra vez.
Hoxe comezamos a cuarta semana de Advento, acendemos a vela branca. Estamos xa preto do Nadal. Esta última semana de Advento lévanos a acoller a Xesús, a facerlle un sitio entre nós, axiña nacerá. No evanxeo de hoxe, Xosé acepta a vontade de Deus de coidar a María e ao Neno. O exemplo de ámbolos dous motívanos a querer e coidar as persoas que nos rodean, así acolleremos a Xesús neste Nadal. Deus nace en nós, confiemos no seu amor.
Este domingo quere espertar en nós sentimentos de ledicia, esta ledicia permítenos saber que Cristo está preto, e libera aos pobres dos seus
males. Chamámolo “Gaudete”, porque nel
todo nos invita a alegrarnos, pero tendo en conta, quen é a causa,
especialmente para os máis pequenos, débiles e sinxelos. Pero coa Palabra que
nos trae hoxe a súa presencia, ven tamén a inquietude de buscalo, esperalo, e
facelo presente. Este é o noso reto no
Advento.
Neste domingo, Xoán Bautista invítanos a facer do
Advento un tempo de coidar a outros e de coidarse moito,
de cambiar hábitos non axeitados, de descansar, rezar, servir e amar. Este é un
tempo que nos invita a vivila virtude da Esperanza, por iso alimentemos a
semente da ledicia e a esperanza que Deus puxo dentro de cada un de nós, para
ser as súas Testemuñas.
O pasado domingo 27 de novembro comezamos o novo
ano litúrxico co inicio do Advento. Este tempo litúrxico, que rematará o 24 decembro,
é o anuncio da vinda do Salvador. O Advento renóvanos cada ano e nos tempos que
vivimos, faise especialmente imprescindible porque é un momento de espera e
esperanza, de reflexión e de conversión, de cambio de actitudes e de vida nova.
Xa que moitas veces estamos tan enfrascados no día a día, con tampouco tempo
para os demais e incluso para nós mesmos, que non temos o espacio preciso para
a reflexión, a oración, a falar con Deus do que nos sucede ou desexamos. E como a oración é inseparable das boas obras
Esta semana como colofón a unha semana de actos en honor a Virxe Milagrosa os alumnos de tódalas etapas visitámola capela para levarlle as nosas grazas e pedir tamén polas persoas que non poden achegarse a ela.
Iniciamos a semana cunha xornada de inchables onde desfrutaron dende os máis pequenos de infantil ata os non tan pequenos , alumnos da ESO.
O broche final tivo lugar o xoves e o venres, onde cata etapa asistíu á capela acompañado dos seus mestres. Reunímonos ante ela, a nosa Nai, para falarlle dende os nosos corazóns; agradecerlle por todos e todo canto nos rodea e pedirlle perdón polos nosos erros. A aparición da Virxe a santa Catarina no 1830 e a misión que lle encomendou. estivo presente en cada unha delas. Estamos seguros que a mensaxe da Medalla seguirá sendo transmitida de xeración en xeración. Sempre lembrando que se a María a queres ben non a adores no altar, imítaa!
Queremos agradecer as familias a súa xenerosidade e apoio. Anímanos e danos forzas para continuar comprometidos co noso carisma.