viernes, 30 de septiembre de 2022

CELEBRACIÓNS SAN VICENTE DE PAÚL

O pasado martes celebramos o día de San Vicente de Paúl, foi un día grande, cheo de ledicia. Foi unha xornada diferente onde vivimos moitas emocións. Na visita á capela abrimos os nosos corazóns á súa mensaxe, adicándolle cada oración e cada canción a esa persoa que nos ensinou que a forza do amor e a súa creatividade fan posible que construamos sonos de PAZ coma el fixo no seu tempo.  

E na hora do recreo todos os alumnos e mestres do colexio compartimos un delicioso chocolate con churros, xogos e risas. Foi unha xornada diferente que nos fixo abandonar, por uns momentos, a rutina dos deberes e as programacións.

                                 PARABÉNS SAN VICENTE!! 







domingo, 26 de junio de 2022

GRACIAS!

Chegamos ao final do curso e con el rematamos a campaña de recollida de alimentos para colaborar con Cáritas-Ribeira. Dende a Comunidade Educativa agradecémosvos a todos a vosa participación e solidariedade amosada. Animámosvos a seguir mantendo presente esta forma de ser, pensando sempre nos demais e colaborando cos menos favorecidos.



viernes, 3 de junio de 2022

MES DE MAIO, MES DE MARÍA



Acabámolo mes de maio, o mes da Virxe María.  María, a nai de Xesús, é  a muller do SÍ. Por iso en cada instante da nosa vida, Ela, como muller fiel, acompaña o noso  camiño, e a testemuña do noso día a día.  

A Vixe María non só foi a nai de Xesús, senón tamén a primeira discípula, aquela que aceptou e levou a cabo a misión que Deus lle encomendou. María distínguese polas múltiples calidades como a súa preocupación e coidado por todos; garda e medita as cousas no seu corazón; a súa alegría que transmite alí onde vai; a súa sinxeleza, a súa forza e fidelidade; a súa entrega, amor e servizo; a súa fe firme e a súa esperanza inquebrantable.

Por iso os cristiáns témoslle unha devoción especial, depositamos todo na súa presenza: a nosa vida, as nocas necesidades, as nosas pobrezas e tamén nela descansan todas as nosas esperanzas. 

Ao longo deste mes lembramos as súas ensinanzas, as súas advocacións, xa que María é para nós modelo de vida, de seguimento, de cercanía, de acompañamento, de compromiso... María é para todos os cristiáns compañeira de camiño e exemplo no seguimento de Xesús.

  





martes, 10 de mayo de 2022

FESTIVIDADE SANTA LUISA DE MARILLAC

 

Cada 9 de maio, a Familia Vicenciana celebra a  Luisa de Marillac, muller intelixente e decidida que iniciou a atención ao servizo aos máis  pobres. Luisa é a cofundadora, xunto a Vicente de Paúl, da Compañía das Fillas da Caridade. Luisa é un fermoso exemplo de entrega incondicional ao próximo. Ela fixo realidade o seu soño, a misión que Deus lle encomendou: atender aos máis necesitados do seu tempo en Francia: nenos abandonados, enfermos, anciáns, persoas sen casa….. Por iso queremos ser portadores da súa labor, facendo que ela sexa o CORAZÓN do noso colexio. 






domingo, 1 de mayo de 2022

MES DE MAIO, MES DE MARÍA


Maio é un mes apreciado, abundante e colorido. Este mes pertence ao tempo Pascual, o tempo do Aleluia, da manifestación do misterio de Cristo; é tempo da espera do Espírito Santo, que descenderá sobre a Igrexa que nace en Pentecoste. Neste mes é tradición da Igrexa adicarllo a Virxe María. Ela é a protagonista humilde e discreta dos primeiros pasos da comunidade cristiá: María é o seu corazón espiritual, porque a súa presencia no medio dos discípulos é a memoria viva do Señor Xesús. María é Nai da esperanza, ela ensínanos a crer, esperar e amar. Por iso debemos darlle un lugar especial a María, non porque sexa unha tradición de larga data na Igrexa ou polas gracias especiais que se poden obter, senón porque María é a nosa Nai, a nai de todo o mundo e porque se preocupa por todos nós, intercedendo incluso nos asuntos máis pequenos. Ela indícanos o camiño a seguir.