O pasado martes celebramos o día de San
Vicente de Paúl, foi un día grande,
cheo de ledicia. Foi unha xornada diferente onde vivimos moitas emocións. Na
visita á capela abrimos os nosos corazóns á súa mensaxe, adicándolle cada
oración e cada canción a esa persoa que nos ensinou que a forza do amor e a súa creatividade fan posible que construamos
sonos de PAZ coma el fixo no seu tempo.
E na hora do recreo todos os alumnos e mestres do colexio compartimos un delicioso chocolate con churros, xogos e risas. Foi unha xornada diferente que nos fixo abandonar, por uns momentos, a rutina dos deberes e as programacións.
PARABÉNS SAN
VICENTE!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario