lunes, 7 de julio de 2025

ATA SEMPRE SOR LOLI!!

Chegou o final deste curso e non queríamos irnos sen dar as Grazas a todos os alumnos e as súas familias por axudar de maneira desinteresada ao longo do curso escolar cos diferentes proxectos levados a cabo dende o departamento de Pastoral. Non queremos marchar sen expresar o noso agradecemento e admiración a Sor Loli polos seus anos de dedicación e compromiso neste centro. O seu labor deixou unha pegada indeleble en cada un de nós, e o seu compromiso coa educación e os proxectos de COVIDE-AMVE  foron luz para a nosa comunidade. Aínda que nos entristece a súa partida, desexámoslle o mellor nesta nova etapa, confiando en que a súa luz seguirá iluminando o camiño de quen teña a sorte de cruzarse nel. Grazas por todo o que nos deches e por facernos sentir afortunad@s de traballar ao teu lado.

GRAZAS, Sor Loli!