O Domingo de Pascua celebramos a Resurrección de Xesucristo de entre os mortos. O triunfo do Señor resucitado sobre o pecado e a morte é o acontecemento que fundamenta a nosa fe cristiá. Pascua é dicir si ao amor e á vida, é apostar pola fraternidade. Vivir a Pascua é lanzarse a algo novo, é lanzarse a ser testemuñas da Resurrección na casa, no traballo, cos amigos: Xesús, o Deus do Amor, está vivo e presente. Cristo, Xesús, resucitou! ALELUIA!
Este é o blog do departamento de Pastoral do CPR La Milagrosa de Oleiros, onde iremos subindo todas as novidades do noso cole relacionadas con esta labor vicenciana.
domingo, 20 de abril de 2025
viernes, 18 de abril de 2025
VENRES SANTO
A Paixón de Xesús revela a radicalidade do seu amor incondicional que se entrega libre, consciente e gratuitamente pola salvación e a reconciliación do home. El foi capaz de soportar os nosos sufrimentos e aguantar as nosas dores, porque sentía compaixón das nosas debilidades. O Amor foi o que moveu ao Nazareno durante os anos da súa vida, que culminan no xesto máis potente e escandaloso, profético e provocador… o Amor que tivo para confiar sen límites, mirar máis aló desta vida e buscar a eternidade para regalar a outros.
jueves, 17 de abril de 2025
XOVES SANTO
Coa celebración da Cea do Señor adentrámonos no Misterio do Triduo Pascual, fonte e culmen de todo o noso ano litúrxico. O Xoves Santo concentra de tal modo o Amor humano e divino de Xesús entregado en servizo ata o extremo, do cal foi testemuña a historia humana. Un amor que nutre e fortalece todas as nosas experiencias humanas de amor e é capaz de expandilas a modos “sobrehumáns”. Este Xoves Santo recibamos este amor “ata o extremo” e deixemos que el nos renove e transforme: lávanos, «Señor, non só os pés, senón tamén as mans e a cabeza».
domingo, 13 de abril de 2025
DOMINGO DE RAMOS
Hoxe é Domingo de Ramos termínase a Coresma. Neste día comeza a Semana Santa na que lembramos os últimos momentos da vida de Xesús. Coa súa entrada en Xerusalén damos comezo á Semana máis importante na vida de Xesús. Con ramos e palmas nas nosas mans evocaremos o momento no que entra sobre un borrico «na cidade da paz», dicindo: Bendito o que vén en nome do Señor!, e acollémolo coa intención de compartir con El toda a Semana Santa. Admiramos a maneira humilde e pacífica de como Xesús exerce a súa realeza, entrando na cidade montado sobre un asno. O seu reino non é deste mundo. A súa grandeza non se manifesta no dominio e o poder, senón no servizo e a entrega da súa vida.