Durante esta semana, os alumnos voluntarios da ESO presentaron unha serie de proxectos solidarios da ONG das Fillas da Caridade (COVIDE-AMVE) aos estudantes de primaria. O obxectivo destas iniciativas é fomentar a solidariedade e o compromiso social entre todos os alumnos, animándoos a achegar o seu gran de area para axudar a quen máis o necesitan. Durante a presentación, os maiores compartiron diferentes proxectos que buscan mellorar a vida de persoas en situacións vulnerables. Os alumnos de primaria mostraron moito interese e entusiasmo, estas propostas queren fomentar nos máis pequenos a semente da empatía e a acción solidaria.
Este é o blog do departamento de Pastoral do CPR La Milagrosa de Oleiros, onde iremos subindo todas as novidades do noso cole relacionadas con esta labor vicenciana.
viernes, 24 de enero de 2025
domingo, 19 de enero de 2025
XORNADA DA INFANCIA MISIONEIRA
"Comparto o que teño" é o lema da Xornada de Infancia Misioneira que celebramos o domingo 19 de xaneiro de 2025. Un día moi importante, no que os nenos (e non tan nenos) estamos convidados a axudar aos demais nenos, especialmente aos que non teñen o necesario para vivir ou non coñecen a Deus. Somos misioneiros, e nós imos axudarlles coa nosa oración e o noso diñeiro.
martes, 7 de enero de 2025
EPIFANÍA DO SEÑOR
Celebramos a festa da Epifanía do Señor, é dicir, da manifestación de Deus a todos, non só ao pobo de Israel. Os Reis Magos veñen de Oriente, dun pobo e dunha cultura moi distinta da do pobo de Deus; e descobren no pequeno de Belén ao Mesías, ao Salvador. Os Reis traen ao Neno uns agasallos (que simbolizan a realidade de Xesús: ouro coma rei, incenso coma Deus, mirra coma home que vai a morrer); pero son eles os beneficiados: atópanse co gran agasallo de Deus que lles ofrece tamén a eles e a todos os que o desexen a salvación que crían posuír só os xudeus. Que saibamos acoller o gran agasallo que Deus nos ofrece en Xesús, camiño de vida e de salvación. E comprometámonos a compartir este gran agasallo de Deus a toda a humanidade, comezando polos máis próximos ofrecéndolles na vida ordinaria xestos sinxelos que reactive neles a esperanza.