Cada 30 de xaneiro, os centros educativos celebramos o día da Non Violencia e da PAZ. Neste curso tan atípico pola pandemia, esta data ten, tamén, especial importancia debido a preocupación polos acontecementos mundiais que amosan a intolerancia dalgúns seres humanos que nos fan lembrar a importancia do coñecemento mutuo, do diálogo e do respecto aos demais. Non deixamos de ter presente que: ”Queremos un mundo en PAZ”. Deste xeito celebramos esta día, tendo presente a Historia de Sadako, que nos transmite valores importantes como o esforzo, a constancia, a esperanza e a creatividade entre outros. Todos eles móvennos a perseguila convivencia pacífica, pero non só dentro de nosas aulas, senón tamén intentándoa levar, fóra delas.
Este é o blog do departamento de Pastoral do CPR La Milagrosa de Oleiros, onde iremos subindo todas as novidades do noso cole relacionadas con esta labor vicenciana.
domingo, 30 de enero de 2022
domingo, 16 de enero de 2022
INFAMCIA MISIONEIRA
O domingo 16 de xaneiro os nenos e
nenas celebran a Xornada da Infancia Misioneira, “o Domund dos Nenos”, para
axudar aos misioneiros no seu traballo coa infancia. A Infancia Misioneira é
unha das ferramentas que a Igrexa ten para que nos lugares de misión conten con
medios para atendelos nenos e nenas nas misións. Por iso, a Xornada da Infancia
Misioneira conta con tres xeitos de ensinar aos nenos o espírito misioneiro:
por medio da oración, axudando aos que temos preto noso e compartindo coas
persoas que o precisan. Desta maneira intentaremos ser LUZ
PARA O MUNDO,
como nos lembra o lema deste ano.
miércoles, 5 de enero de 2022
EPIFANÍA
(…)E cando entraron na casa
atoparon o neno con María, súa nai. Prostráronse e rendéronlle homenaxe; logo,
abrindo os seus tesouros, ofrecéronlle coma regalo ouro, incenso e mirra.(…)
Nós, igual que os sabios de Oriente,
queremos encontrarnos con Xesús neno, débil e pequeno. Porque Él é o símbolo do
Amor de Deus que quere chegar a toda a humanidade, que quere compartir connosco
a nosa vida e a nosa realidade cotiá. Neste día queremos amosarlle a nosa gratitude e ofrecer, do
mesmo xeito que os sabios, os nosos dons e o noso recoñecemento a través da
oración e a través dos pequenos xestos cotiás, onde ofrecemos oportunidades para
vivir con esperanza, con amor e con ledicia.