Terminou maio e con el, as sesións do oratorio en 6º de Infantil e o primeiro ciclo da Primaria. Este curso, Sor Loli ensinounos a valorar o silencio e o recollemento así como a nosa capacidade de escoita e atención. Ao longo do ano, e a través dos diferentes momentos litúrxicos, desenvolvemos un maior coñecemento da Biblia (coa lectura da Palabra de Deus) e empezamos a cultivar actitudes de agradecemento e oración, esenciais para o noso crecemento persoal e espiritual, os cales nos acompañarán ao longo da nosa vida.
Pastoral de La Milagrosa de Oleiros
Este é o blog do departamento de Pastoral do CPR La Milagrosa de Oleiros, onde iremos subindo todas as novidades do noso cole relacionadas con esta labor vicenciana.
jueves, 5 de junio de 2025
ORATORIO
lunes, 2 de junio de 2025
OFRENDA FLORAL
Remata o mes de maio, mes da nosa nai a Virxe María e os nenos e nenas de Educación Infantil viviron un momento moi especial: a nosa tradicional ofrenda floral á Virxe na horta do colexio.
lunes, 12 de mayo de 2025
STA LUISA DE MARILLAC
domingo, 20 de abril de 2025
DOMINGO DE RESURRECCIÓN
O Domingo de Pascua celebramos a Resurrección de Xesucristo de entre os mortos. O triunfo do Señor resucitado sobre o pecado e a morte é o acontecemento que fundamenta a nosa fe cristiá. Pascua é dicir si ao amor e á vida, é apostar pola fraternidade. Vivir a Pascua é lanzarse a algo novo, é lanzarse a ser testemuñas da Resurrección na casa, no traballo, cos amigos: Xesús, o Deus do Amor, está vivo e presente. Cristo, Xesús, resucitou! ALELUIA!
viernes, 18 de abril de 2025
VENRES SANTO
A Paixón de Xesús revela a radicalidade do seu amor incondicional que se entrega libre, consciente e gratuitamente pola salvación e a reconciliación do home. El foi capaz de soportar os nosos sufrimentos e aguantar as nosas dores, porque sentía compaixón das nosas debilidades. O Amor foi o que moveu ao Nazareno durante os anos da súa vida, que culminan no xesto máis potente e escandaloso, profético e provocador… o Amor que tivo para confiar sen límites, mirar máis aló desta vida e buscar a eternidade para regalar a outros.
jueves, 17 de abril de 2025
XOVES SANTO
Coa celebración da Cea do Señor adentrámonos no Misterio do Triduo Pascual, fonte e culmen de todo o noso ano litúrxico. O Xoves Santo concentra de tal modo o Amor humano e divino de Xesús entregado en servizo ata o extremo, do cal foi testemuña a historia humana. Un amor que nutre e fortalece todas as nosas experiencias humanas de amor e é capaz de expandilas a modos “sobrehumáns”. Este Xoves Santo recibamos este amor “ata o extremo” e deixemos que el nos renove e transforme: lávanos, «Señor, non só os pés, senón tamén as mans e a cabeza».
domingo, 13 de abril de 2025
DOMINGO DE RAMOS
Hoxe é Domingo de Ramos termínase a Coresma. Neste día comeza a Semana Santa na que lembramos os últimos momentos da vida de Xesús. Coa súa entrada en Xerusalén damos comezo á Semana máis importante na vida de Xesús. Con ramos e palmas nas nosas mans evocaremos o momento no que entra sobre un borrico «na cidade da paz», dicindo: Bendito o que vén en nome do Señor!, e acollémolo coa intención de compartir con El toda a Semana Santa. Admiramos a maneira humilde e pacífica de como Xesús exerce a súa realeza, entrando na cidade montado sobre un asno. O seu reino non é deste mundo. A súa grandeza non se manifesta no dominio e o poder, senón no servizo e a entrega da súa vida.