domingo, 20 de abril de 2025

DOMINGO DE RESURRECCIÓN

O Domingo de Pascua celebramos a Resurrección de Xesucristo de entre os mortos. O triunfo do Señor resucitado sobre o pecado e a morte é o acontecemento que fundamenta a nosa fe cristiá. Pascua é dicir si ao amor e á vida, é apostar pola fraternidade. Vivir a Pascua é lanzarse a algo novo, é lanzarse a ser testemuñas da Resurrección na casa, no traballo, cos amigos: Xesús,  o Deus do Amor, está vivo e presente. Cristo, Xesús, resucitou! ALELUIA!



viernes, 18 de abril de 2025

VENRES SANTO

A Paixón de Xesús revela a radicalidade do seu amor incondicional que se entrega libre, consciente e gratuitamente pola salvación e a reconciliación do home. El foi capaz de soportar os nosos sufrimentos e aguantar as nosas dores, porque sentía compaixón das nosas debilidades. O Amor foi o que moveu ao Nazareno durante os anos da súa vida, que culminan no xesto máis potente e escandaloso, profético e provocador… o Amor que tivo para confiar sen límites, mirar máis aló desta vida e buscar a eternidade para regalar a outros.



jueves, 17 de abril de 2025

XOVES SANTO

Coa celebración da Cea do Señor adentrámonos no Misterio do Triduo Pascual, fonte e culmen de todo o noso ano litúrxico. O Xoves Santo concentra de tal modo o Amor humano e divino de Xesús entregado en servizo ata o extremo, do cal foi testemuña a historia humana. Un amor que nutre e fortalece todas as nosas experiencias humanas de amor e é capaz de expandilas a modos “sobrehumáns”. Este Xoves Santo recibamos este amor “ata o extremo” e deixemos que el nos renove e transforme: lávanos, «Señor, non só os pés, senón tamén as mans e a cabeza».





domingo, 13 de abril de 2025

DOMINGO DE RAMOS

Hoxe é Domingo de Ramos termínase a Coresma. Neste día comeza a Semana Santa na que lembramos os últimos momentos da vida de Xesús.  Coa  súa entrada  en Xerusalén damos comezo á Semana máis importante na vida de Xesús. Con ramos e palmas nas nosas mans evocaremos o momento no que entra sobre un borrico «na cidade da paz», dicindo: Bendito o que vén en nome do Señor!, e acollémolo coa intención de compartir con El toda a Semana Santa. Admiramos a maneira humilde e pacífica  de como Xesús exerce a súa realeza, entrando na cidade montado sobre un asno. O seu reino non é deste mundo. A súa grandeza non se manifesta no dominio e o poder, senón no servizo e a entrega da súa vida.



viernes, 28 de marzo de 2025

BOCADILLO SOLIDARIO

Dende toda a Comunidade Educativa só podemos darvos as grazas polas vosas achegas e a participación neste día tan solidario. Onde unha vez máis podemos sentirnos orgullosos de Ser Vicencianos e vivir este compromiso solidario.




miércoles, 26 de marzo de 2025

ENCARNACIÓN

Hoxe celebramos o Día do Si das Irmás, un momento cheo de significado no que as Fillas da Caridade renovan os seus votos. Este acto anual fortalece o seu compromiso coa vocación e asegura a constancia do seu servizo a Cristo.



viernes, 14 de marzo de 2025

BOCADILLO SOLIDARIO

O día 13 de marzo celebramos o Bocadillo Solidario, un pequeno xesto cun gran significado: compartir a maior riqueza , a riqueza da solidariedade. Seguindo o lema de Mans Unidas, unímonos á campaña contra a fame, porque xuntos podemos facer a diferencia. Foi unha xornada de conviencia e colaboración onde, os alumnos xunto co profesorado, realizaron unha camiñata ata o Dolmen de Axeitos. 

Grazas a todos por participar e achegar o voso gran de area!