lunes, 10 de junio de 2024

PROXECTO NINGUNHA FAMILIA SEN COMIDA.

O noso proxecto educativo, non só se centra en formar as persoas no ámbito académico senón que  tamén quere desenrolar diversos valores coma a empatía, a xenerosidade, a responsabilidade ou a solidariedade entre outros. Un ano máis vemos que o proxecto vicenciano está “vivo” en toda a Comunidade Educativa, por iso queremos dárvolas gracias. A vosa solidariedade durante o curso fixo que a sociedade na que vivimos fose algo máis xusta coas persoas con menos recursos.

Un ano máis demostráchenos a vosa solidariedade! ¡Gracias a todos por aportar o voso gran de area!


jueves, 6 de junio de 2024

OFRENDA FLORAL

Un fermoso altar cheo de cores feito con agarimo e devoción recíbenos na capeliña da horta. Este agasallo foi feito polos alumnos de Ed Infantil para celebrar o pasado día 31 de maio a Visitación de María. A súa ofrenda floral estivo acompañada de cancións e versos adicados a Virxe. Foi un momento onde puideron expresar o seu agradecemento a Virxe que nos protexe, nos axuda e nos coida ao longo das nosas vidas.




martes, 14 de mayo de 2024

SANTA LUISA DE MARILLAC

Ser  unha muller sinxela, valente, arriscada e que loita polos dereitos das persoas, en especial polas máis vulnerables non é un feito de actualidade. No século XVII xa tivemos unha muller con estas características que foi e é un referente para as escolas vicencianas, falamos de Sta. Luisa de Marillac.

Ela esforzouse para descubrir o camiño que lle dese a felicidade. Da man de San Vicente de Paúl,  fixo realidade o seu sono de adicar a súa vida a descubrir a Cristo nos pobres a quen coidou e serviu con gran amor e dozura. Atopando así a verdadeira felicidade. Xuntos  iniciaron un camiño que perdura no tempo e en moitos lugares do mundo, xa que fundaron a Compañía das Fillas da Caridade que levan  luz e esperanza aos máis débiles.

Damos gracias a Deus pola súa vida, que é exemplo de sinxeleza, amor e entrega para todos nós.




SAVE THE CHILDREN

Queremos agradecer a toda a comunidade educativa a súa colaboración e ilusión na campaña Save the Children. Grazas por traballar por un mundo máis xusto e sementar a aprendizaxe solidaria nos nosos nenos e mozos.



jueves, 2 de mayo de 2024

MES DE MAIO

O mes de maio é o mes que a igrexa lle adica á Virxe María para coñecela e querela máis. Por iso durante este mes celébranse  moitas romarías, lévanselle flores á Virxe e cantámoslle cantigas.

Os cristiáns tratamos a María con especial cariño porque é a nosa nai, a nai de todo o

mundo! E preocúpase por nós, axudándonos ata nos asuntos máis pequenos. Gracias María

por estar sempre con nós!






martes, 23 de abril de 2024

VISITA DO ARCEBISPO FRANCISCO JOSÉ PRIETO

 O pasado xoves, 18 de abril, o noso colexio tivo o honor de recibir unha visita moi especial. O señor Arcebispo, don Francisco José Prieto, chegou ao colexio onde foi recibido polo Equipo Directivo. Tivo unha mañá cunha axenda moi apretada, pero na que tivo tempo para estar cos alumnos das diferentes etapas educativas e coa Comunidade Educativa que conforma o noso centro.

Os primeiros en desfrutar da súa presencia foron os máis pequenos, onde participaron dunha sinxela  celebración na cal lles dixo que somos unha gran familia, que nos temos que coidar uns dos outros e que quen máis amor nos ten é Xesús.

Ao longo  da mañá tivo dúas celebración máis cos alumnos da Primaria e de Secundaria. Na celebración cos alumnos da ESO tivo tempo de responder as preguntas que lle foron xurdindo, preparadas previamente. Para rematar a mañá tivo un encontro distendido co claustro de profesores para intercambiar e comentar os desafíos que temos na actualidade, que nos afectan como docentes, en canto a fe e os valores cristiáns. Sabemos que non é tarefa doada, pero alentounos a continuar na nosa labor de “pastores” e misioneiros dende a ensinanza.

Pola tarde visitou a horta onde os alumnos dos diferentes cursos lle amosaron o seu cariño e espontaneidade propia dos máis pequenos. Alí plantou unha oliveira que nos lembrará o seu paso polo colexio e que simboliza a esperanza e sabedoría que se transmite ao alumnado que está no colexio.

O Arcebispo rematou a súa visita cunha Eucaristía na capela do colexio onde os sacerdotes da UPA de Ribeira e a Comunidade Educativa participamos de xeito activo.

Esta visita quedará gravada na nosa memoria pola sinxeleza e cariño amosados polo noso Arcebispo. Dámoslle as gracias pola súa dispoñibilidade e entrega, por facer posible este encontro con toda a Comunidade Educativa que conforma a Milagrosa.



lunes, 8 de abril de 2024

A ENCARNACIÓN

Hoxe, 8 de abril, as Fillas da Caridade renovan os seus votos e dan gracias a Deus, pola súa entrega, amor e dedicación para unha vida plena e chea de FE.

Elas, ao igual que María, tamén dixeron SI a Deus, con humildade e sinxeleza.

Parabéns a tódalas Fillas da Caridade!!