O venres celebramos un día especial no colexio, un día no que con gratitude e alegría conmemoramos a Santa Luisa de Marillac.
Nas diferentes celebracións puxemos a nosa mirada no seu exemplo de fe profunda, humildade activa e, sobre todo, paciencia, unha virtude que cultivou no silencio da oración, na entrega diaria e nos momentos de proba. A súa paciencia non foi pasiva, senón unha espera activa, chea de esperanza, servizo e caridade cara aos máis pobres. Pedímoslle ao Señor que renove a nosa esperanza e a nosa paciencia para seguir adiante e nos acompañe no noso camiño.